Actividades Extraescolares
Esta liña de actuación ten como obxectivo potenciar a oferta de actividades culturais e deportivas, con carácter voluntario e en horario de tarde, que contribúan á formación integral do alumnado, lle axuden a organizar o seu tempo libre e melloren a súa vinculación co centro. As devanditas actividades levaranse a cabo en colaboración con institucións do centro, como o ANPA, ou do seu ámbito: o Concello, Asociacións de Veciños, entidades do movemento asociativo, etc.
Obxetivos
- Promover no alumnado un sentimento positivo de pertenza ao centro.
- Conseguir que adquira unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
- Desenvolver a autoestima dos nenos, nenas e mozos.
- Mellorar as relacións entre os alumnos e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade do alumnado.
- Posibilitar o acceso ás actividades culturais e deportivas a todos os nenos, nenas e mozos, ampliando o seu horizonte cultural.